Remei Sipi en el Ateneo de Santiago. Lunes, 26 de noviembre. 20,00 horas. Rúa do Villar nº 19.

img-20181119-wa0000
11 Nov, 2018 | 08:55 AM | EventosOs Luns do Ateneo

O luns 26 de novembro ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade Civil titulada “As mulleres africanas hoxe”, que estará impartida por Remei Sipi Mayo, Fundadora da Rede de Mulleres Inmigrantes en Cataluña e doutras asociacións relacionadas coa inmigración africana.

Remei Sipi Mayo realizou estudos de Xénero e Desenvolvemento na Universidade Autónoma de Barcelona. Foi directora en garderías infantís durante varios anos e, posteriormente, foi a responsable dos cursos especializados de relacións internacionais dos Departamentos de África e Docencia da Fundación CIDOB. Tamén traballou na Administración de Xustiza de Cataluña e coordinou diversos faladoiros literarios sobre África e sobre literatura escrita por mulleres negras, debido á súa condición de editora especialista en textos africanos e de autora de textos sobre mulleres africanas e mulleres inmigrantes. No ámbito asociativo foi cofundadora da xarxa (Rede) de mulleres inmigrantes en Cataluña, Presidenta da asociación Riebapua (colectivo bubi de  Guinea Ecuatorial) en Cataluña, Vicepresidenta da Federación de colectivos de Inmigrantes de Cataluña, Vocal do Consell de la Llengua Catalana e Vicepresidenta do Consell Nacional de les Dones de Catalunya. Actualmente é Secretaria da Asociación de mulleres africanas  E´Waiso Ipola dende 1990, Presidenta da asociación de mulleres inmigrantes Yamanjá dende 2005 e membro da asociación de Intelectuais africanos en España MFUNDI- KUPA dende 1993, todas elas cofundadas por ela, así como membro da Plataforma de Apoio aos presos políticos de Guinea Ecuatorial dende 1988 e da Rede de mulleres negras e de minorías étnicas de Europa e do Grupo de Mulleres Ca la Dona de Barcelona dende 1991.

http://www.ateneodesantiago.com/?p=12664